martes, 15 de febrero de 2022

2020-21. CONXUNTO 3 BÁSICO - MUIÑEIRA DO SISTO DA CHAPARRA

Ola a todas e a todos:

Aquí tedes o material dun tema novo: Muiñeira do Sisto da Chaparra. 

O audios están con instrumentos reais no que atinxe ás gaitas, requinta, percusións e voces.

Tamén aquí fixemos vídeos para que poidades traballar por separado os diferentes instrumentos:

Vídeos coa partitura e audio tanto do arranxo xeral como dos diferentes instrumentos, que se escoita máis que outros que quedan como referencia. Non está o vídeo do acordeón Diatónico, pero si está a partitura.

Nalgúns casos, os instrumentos van de dous en dous, como Tambor e Bombo, Pandeiro e Cunchas ou Voz e Pandeireta.

O AIRE DO TEMA É CO QUE TOCAREMOS NO SEU MOMENTO, polo tanto, se queredes empregalo máis a modo, teriades que usar as ferramentas do YouTube para baixarlle a velocidade.

Premendo a continuación, poderedes acceder ao cartafol con:






E tamén as ligazóns aos vídeos alonxados no canal de YouTube da ETRAD, ao cal, ANIMÁMOSVOS A SUBSCRIBIRSE, e así sabemos que cando subamos algo, chégavos axiña e a nós quédanos constancia de que estades empregando esta vía de comunicación:












Para os gaiteiros, tedes a continuación os vídeos das dúas gaitas coa frauta:






Un saúdo e seguimos en contacto!!!

1 comentario:

  1. Grazas, Xaquín, pola nova peza e por esta iniciativa tan boa que estades levando adiante dunha e-trad en liña. Saudíños!

    ResponderEliminar